Como amante da tecnoloxía teño que dicir que ó ver unha fotografía dun Toshiba Libretto 110 e un ZX Spectrum de 48 Kbytes xuntos se me pasaron 2 ideas pola cabeza:
1- o teclado de goma do Spectrum era a cousa máis horrorosa que se inventou no mundo da informática dende o lapis óptico. Ah, e eu tiña o ZX Spectrum +2, que xa tiña un teclado decente, que conste.
2- o concepto dos UMPC (ou ordenadores ultraportátiles) non ten nada de novo. O Toshiba Libretto 110 pesaba menos dun quilo e a súa pantalla era de 7,1 polgadas, ou sexa, cuspidiño a un Asus Eee PC, que curiosamente é o ordenador de moda en 2008, máis de 10 anos despois da comercialización do equipo de Toshiba.
O que non se me ocurriría nunca sería mesturar os dous conceptos:
Hai que ser moi friki para incrustar o teclado do Spectrum nun portátil, para despois cargar emuladores de Spectrum para finxir que se ten un ZX Spectrum 48K portátil. Coma mashup resulta interesante, pero sendo realistas, se trata dunha grande perda de tempo, que me fai lembrar as pantallas LCD de pequeno tamaño que algúns conectan a consolas PS3 (¿mercar unha consola de alta definición para ver os xogos a baixísima resolución?).
Segundo parece, pese a tratarse dun equipo realmente vello, permite unha autonomía dunhas 2 horas, polo que algúns usuarios seguro que non entenden cómo é posible que o seu portátil novo non aguante nin 1 hora cando os equipos do século pasado turraban moito máis. Paradoxos da evolución tecnolóxica.
Debe estar conectado para enviar un comentario.