Obsolescencia en Muchachada Nui

Onte en Muchachada Nui fixeron unha homenaxe a todos eses formatos mortos: Eu creo que falar da morte do DVD é precipitado, pero sorprendeume que non falaran da morte...

Onte en Muchachada Nui fixeron unha homenaxe a todos eses formatos mortos:

Eu creo que falar da morte do DVD é precipitado, pero sorprendeume que non falaran da morte do CD, que é moito máis recente. E digo recente porque considero que xa aconteceu. O único lector de CD que teño na actualidade é o espertador da mesiña de noite, e agora entendo que a música é algo que se almacena en discos duros ou memorias flash. A música que escoito ou está no ordenador ou no iPod/iPhone.

Iso si, rir da pouca memoria dun Spectrum 48K parece algo cruel. Eu xa tiña o ZX Spectrum +2 (o gris, xa que o negro realmente se chamaba +2A) con 128 Kbytes de memoria e non podo calar que para os xogos e programas que se facían daquela estaba de máis. Incluso coa chegada do PC e as pantallas VGA os xogos ocupaban só 720 Kbytes ou uns poucos megas. Pensar que agora hai xogos que ocupan 8 Gb de disco duro dá que pensar que os creadores non se preocupan nada en aforrar espazo de disco, e o que queren é que esteamos renovando os nosos equipos constantemente. A xente da industria dos videoxogos é máis cabrona que as cintas VHS 😛

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS