Este sábado en Melide pasamos bastante frío, e tivemos como adianto unha boa granizada pola tarde, pero ó chegar á noite comezou a nevar. Había tempo que non coincidía en Melide cunha nevada (principalmente porque só estou na vila nas fins de semana, pois neva tódolos anos) e aínda non sei se mañá amanecerá nevado, pero fíxome ilusión ver a neve caer.
Captei a imaxe coa cámara do iPhone, que aínda que é moi mala, ó ter un tempo de exposición moi elevado, provoca efectos coma o seguinte:
O que me quedou claro é que os prognósticos meteorolóxicos non deron pe con bola en toda a Semana Santa: comezaron dicindo que ía chover ata o xoves (e houbo días de auténtico verán) e logo, cando chega o mal tempo, non atinan coa cotas de neve (Melide non está a 600/900 metros de altitude, vaia). Algún día habería que facer un control de calidade serio dos prognósticos, para que se vexa que aínda que dun día para outro atinan bastante, cando falamos das predicións a medio prazo a cousa cambia bastante 🙁
22 Marzo, 2008
Debe estar conectado para enviar un comentario.