Neva (gonna give you up) en Melide

Estes días as temperaturas baixaron de xeito considerable, e nos prognósticos do tempo falaban de que a cota de neve baixaría en Galicia aos 700 metros, polo que en...

A neve en Melide vista dende a terraza traseira da casa
Estes días as temperaturas baixaron de xeito considerable, e nos prognósticos do tempo falaban de que a cota de neve baixaría en Galicia aos 700 metros, polo que en Melide deberiamos estar a salvo (estamos a 454 metros de altitude con respecto do nivel do mar) pero a cousa non foi así, e durante a mañá do domingo caeu unha pequena nevarada.
Nevando no cruce de Melide
Durante o sábado xa non eran poucos os coches aparcados en Melide que traían neve nos parabrisas e teitos, así que en realidade a situación non pillou moi por sorpresa, agás polo feito de que aínda esteamos en novembro, cando o normal é que as folerpas non cheguen ata febreiro-marzo (coma o inverno pasado).
Yatta!!!
Algúns melidenses (especialmente os máis cativos) recibiron a neve con alegría, pero a ledicia non duraría moito ao ver que as folerpas non chegaban a fixarse no chan, desfacéndose ao momento. Vaia, que haberá que agardar a outra vaga de frío para que caia unha desas nevaradas que permita facer bolas e bonecos.
Eu, polo momento, quixen ilustrar a situación coa canción de Rick Astley Neva gonna give you up (vídeo que tamén se pode ver en case alta definición):

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS