Camisetas políticas con moito humor

A proximidade do comicios electorais levou á tenda de camisetas personalizadas ShirtCity a abrir toda unha sección con deseños políticos que destacan polo seu sentido do humor. Dende Monkeyzen...

Camisetas Políticas
A proximidade do comicios electorais levou á tenda de camisetas personalizadas ShirtCity a abrir toda unha sección con deseños políticos que destacan polo seu sentido do humor.
Dende Monkeyzen falan do tema baixo o título de «ve a votar con ShirtCity» e eu pregúntome: ¿poderanse vestir estas prendas durante a xornada de reflexión? 😉
Supoño que na vindeira reforma electoral suprimirar iso da reflexión, pois nun mundo globalizado é absurdo. O que non estaría de máis é que regulasen a publicidade, de xeito que as rúas estivesen libres de carteis o propio día das eleccións, e así nos evitarísmos a vergoña de ver restos dalgún cartel electoral durante anos (¿por qué se seguen a emporcar as paredes cando se poden pendurar os anuncios das farolas?).
Críticas aparte, hai que recoñecer que en ShirtCity hai algúns deseños para camisetas moi simpáticos, aínda que caduquen moi rápido:
Exemplos de camisetas políticas en ShirtCity
¿Cal vestirías ti? ¿A de Vota Hache? ¿A de Espe ou Gallardón? ¿Ou farías un deseño propio con algún político galego?

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS