As eleccións municipais en vídeo

Hoxe comeza oficialmente a campaña electoral, e este ano destaca porque todos queren ter os seus vídeos na Internet, de xeito que xa se puideron ver os vídeos de...

Hoxe comeza oficialmente a campaña electoral, e este ano destaca porque todos queren ter os seus vídeos na Internet, de xeito que xa se puideron ver os vídeos de case tódolos partidos.
O PSOE parece querer ser moi diplomático no seu spot:
¿Por qué digo que o anuncio é diplomático? Pois porque coido que intentaron enviar unha mensaxe xenérica, de xeito oralmente falan dos “socialistas” e non do PSOE, o que podería responder a unha xeralización do texto, para que sirva en toda España. Non esquezamos que o PSdeG, o PSE ou o PSC teñen siglas de seu, e falar do PSOE sen máis podería ser excluínte.

O PP estreou canle en YouTube (curiosamente, o PPdeG adiantouse ó PP no seu salto ó vídeo pola Rede) e o seu anuncio está moi currado, aínda que o da confianza pode ter moitas lecturas, ¿non?

O BNG, pola súa banda, parece pasar de anuncios tradicionais, e emprega a TeleBNG para darlle voz ós cidadáns:

Pero todos estes lanzamentos de vídeos fanme reflexionar en cousa como, ¿por qué o PSOE segue coa súa iPSOEtv mentres que o PP aposta por plataformas máis abertas coma YouTube? ¿Para qué se fan anuncios de vídeo para as eleccións municipais cando está prohibida a propaganda electoral nas televisións locais? E esta última incógnita é especialmente polémica, pois nos podería levar á seguinte reflexión: a Internet podería facer que a lexislación electoral quedase obsoleta e incluso podería facilitar o incumprimento da mesma. ¿Daranse conta os políticos antes de que remate a campaña actual?

ACTUALIZACIÓN: Finalmente o BNG tamén presentou un vídeo electoral tradicional:

Coido que no vídeo se ve a tódolos candidatos do Bloque, pois ata aparece a candidata melidense Soqui Cea (no minuto 6:26).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS