A interoperabilidade de Microsoft en La Voz

O pasado venres, co gallo da , publicáronme en La Voz unha pequeniña columna de opinión. Quixera aclarar que algúns medios publicaron que Microsoft abría o código fonte dos...

Páxina de Economía de La Voz de GaliciaO pasado venres, co gallo da , publicáronme en La Voz unha pequeniña columna de opinión.
Quixera aclarar que algúns medios publicaron que Microsoft abría o código fonte dos seus programas, pero o que en realidade difundirá será a API dos mesmos, ou sexa, as especificacións que permiten comunicarse entre as distintas aplicacións.
Nun principio Microsoft se compromete a:
– asegurar a comunicación aberta
– promover a portabilidade dos datos
– mellorar o soporte de estándares da industria
– fomentar a relación entre usuarios e industria, incluíndo as comunidades de código aberto
A columna de opiniónIso quere dicir que vai ser doado que os programadores fagan engadidos para o Office (entre outras moitas cousas) polo que se poderá incorporar o soporte de formatos abertos, aínda que me dá no nariz que os que tirarán máis proveito desta posibilidade serán os creadores de software a medida, pois terán máis doado facer produtos que se entendan con aplicacións de Microsoft.
De tódolos xeitos hai que lembrar á xente que o que está a facer Microsoft é unha obriga imposta pola Comisión Europea. Microsoft tiña unha vantaxe competitiva para desenvolver aplicacións para Windows, pois non publicaban tódalas especificacións da súa plataforma, e agora a cousa cambia, e se equilibra o mercado… aínda que moi tarde. ¿De qué serve agora que outras aplicacións ofimáticas poidan funcionar mellor baixo Windows cando Microsoft xa domina o sector).
Tamén cómpre indicar que esta apertura xa se practicaba cos partners, ou sexa, cos amiguiños, de xeito que podemos entender que Microsoft quere ter máis amigos, o que nun principio é mellor para todos.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...