¿Sabes máis de xeografía que un neno de primaria?

A candidata de Carolina do Sur a Miss Teen USA vai pasar ó esquecemento en Europa despois de que unha concursante da versión norteamericana de ¿Sabes más que un...

A candidata de Carolina do Sur a Miss Teen USA vai pasar ó esquecemento en Europa despois de que unha concursante da versión norteamericana de ¿Sabes más que un niño de primaria? pensase que Europa é un país e dubidase da existencia de Hungría porque o nome en inglés pronúnciase case igual que famento:

O vídeo está a causar furor, e xa hai preto de millón e medio de persoas que o viron en YouTube, polo que entendo que a xente controla máis de xeografía ca min 😉
A protagonista do vídeo é a cantante Kellie Pickler, unha triunfita (de American Idol, vaia) e o acontecido xa se reflicte na súa definición na Wikipedia. En España parece que nos conformamos co Poyeya de Soraya.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...