5 Decembro, 2007
A candidata de Carolina do Sur a Miss Teen USA vai pasar ó esquecemento en Europa despois de que unha concursante da versión norteamericana de ¿Sabes más que un niño de primaria? pensase que Europa é un país e dubidase da existencia de Hungría porque o nome en inglés pronúnciase case igual que famento:
O vídeo está a causar furor, e xa hai preto de millón e medio de persoas que o viron en YouTube, polo que entendo que a xente controla máis de xeografía ca min 😉
A protagonista do vídeo é a cantante Kellie Pickler, unha triunfita (de American Idol, vaia) e o acontecido xa se reflicte na súa definición na Wikipedia. En España parece que nos conformamos co Poyeya de Soraya.