Música no móbil

O blog da MTV chamado ¡Escucha Esto! (de Manuel Bartual) fíxome reflexionar sobre os tipos de músicas que pomos nos móbiles: O detalle é que eu teño a canción...

O blog da MTV chamado ¡Escucha Esto! (de Manuel Bartual) fíxome reflexionar sobre os tipos de músicas que pomos nos móbiles:
Música no móbil
O detalle é que eu teño a canción dos Happy Tree Friends dende hai un par de anos (incluso cambiando de móbil) pero vou ter que abandonala porque agora emiten a serie nalgunha canle de TDT (coido que en Veo TV) de xeito que pillo de cando en vez a sintonía facendo zapping e nese momento non podo evitar coller o móbil. O feito de asociar a musiquiña cunha chamada telefónica está facendo que non poida gozar desa serie tan boa. ¿Algunha suxestión sobre o ton que debería pór? ¿Cal tedes vós?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS