O pasado día 22 un rapaz de Boiro recibiu unha paliza mentres gravaban o sucedido cun teléfono móbil. O acontecemento creou un certo alarmismo desproporcionado que ou se escandalizaba de cómo son os mozos de hoxe (cando as palizas as houbo toda a vida) ou demonizaban os móbiles, mentres que un dos medios que mellor tratou o asunto posiblemente foi La Voz de Galicia, que se negou a publicar as imaxes. Iso lémbrame ó comentario que fixo Ángel Martín en Sé lo que hicísteis, destacando que non había que preocuparse de que o vídeo gravado co móbil aparecese na Internet porque xa o estaban a botar tódalas televisión.
Todo isto sóltoo porque o pasado luns, cando cheguei a RadioVoz para a miña colaboración semanal, estaba Isidoro Valerio despedindo a un dos convidados do programa, que viña de falar do polémico asunto, e da regulación dos móbiles nas aulas. Non puiden evitar bromear un pouco e soltarlle a Isidoro que levase tino, porque levaba o móbil e así podía darlle unha paliza. Despois, xa en antena, falando do iPhone, e comentando que aínda que era un móbil marabilloso, tiña algunha limitación, xurdiu a coña de dicir que así os mozos non poderían gravar palizas. Curiosamente, o humor serve para ilustrar unha carencia (tanto social coma tecnolóxica):
Quen ía dicir que o iPhone era un móbil anti-violencia, que de facerse popular entre os cativos remataría coas gravacións de palizas nos colexios. ¿Usarán iso na publicidade do iPhone en Europa?
6 Novembro, 2007
Debe estar conectado para enviar un comentario.