Estes días non paran de falar na radio dun vídeo do PP en adianto da súa Conferencia Política sobre Seguridade:
El Partido Popular celebrará una Conferencia Política sobre Seguridad bajo el lema “Más Seguridad, Más Convivencia” que tendrá lugar en el Palacio Municipal de Congresos de Madrid durante los días 17 y 18 de Noviembre.
Para satisfacer a curiosidade da xente, aquí o publico:
Agora ben, hai que recoñecer que parece ser toda unha torpeza que ninguén de peso supervisara o vídeo para que non se colara imaxes do Prat ou mesmo da etapa do Goberno de Aznar, porque esas pifias incluso provocaron que Zapatero fixese burla do vídeo.
Eu, como son rariño, admito que o que máis me molestou do vídeo é que os tíos que o fixeron non tiñan nin idea de cómo se fai un reescalado de imaxe, pois cando se traballa con vídeo entrelazado hai que desentrelazar antes de cambiar o tamaño da imaxe para que non escarallen as imaxes en movemento. Pero claro, esas cousas supoño que só molestarán ós frikis 😉