¿Violencia nos videoxogos?

Non sei por qué din que hai violencia nos videoxogos. Así, escándalos coma o de Barbarian na época do Spectrum (que se fixera máis famoso polas domingas de Maria...

Non sei por qué din que hai violencia nos videoxogos. Así, escándalos coma o de Barbarian na época do Spectrum (que se fixera máis famoso polas domingas de Maria Whittaker que pola técnica de cortar a cabeza ó contrario), o do asasino da katana (¡hai que estar tolo para culpar a un videoxogo dun asasinato!) ou o de Carmageddon (e os seus bonus for artistic impression cando atropellabas ós peóns derrapando) son moi habituais e agora é raro o ano no que non sae un xogo que pon de mala hostia ós pais de medio mundo pedindo a súa prohibición. O último é Manhunt 2, que sairá censurado en moitos países, mentres que nalgún non chegará nin a pórse á venda. ¿Por qué? Xulgade vós mesmos con estas esceas do xogo:
As imaxes do xogo son realmente violentas, pero as colocaría na liña de moitas películas de terror, polo que entendo que saquen o xogo recomendándoo para maiores de idade, pero prohibir a distribución paréceme abusivo. Iso si, difundindo as imaxes violentas todas xuntas é moi doado convencer ós máis radicais, ¿verdade?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS