Os libros non fallan

En No Puedo Creer falan hoxe dunha campaña publicitaria de Y & R (coido que data de decembro de 2006) que resulta moi interesante. Descoñezo que servizo é ese...

The page cannot be displayed
Network error
En No Puedo Creer falan hoxe dunha campaña publicitaria de Y & R (coido que data de decembro de 2006) que resulta moi interesante. Descoñezo que servizo é ese de Booksplus, pero está claro que iso de que un libro falle coma unha páxina web parece algo de ciencia ficción, pero podería estar máis preto do que pensamos.
Os problemas que poden dar os novos soporte seguro que van ser toda unha sorpresa, como cando a sensación que temos cando quedamos sen cobertura de móbil durante varias horas no noso domicilio (sen motivo aparente e sen información de ningún tipo por parte da operadora que nos subministra o servizo) ou cando quedamos sen corrente eléctrica. ¿Podería pasar algo semellante cos xornais e libros? ¡¿E cos comics?! Pensar na evolución dos formatos dá unha certa vertixe, especialmente ó ver coma o CD xa está case morto con tan so 25 anos de vida e o VHS xa o temos esquecido… e o DVD promete vivir moito menos que os seus predecesores… ¿Desaparecerán os soportes físicos? Dá a impresión de que si, e que a cultura no futuro estará toda en liña, o que mete o medo no corpo dalgúns, xa que queimar bibliotecas enteiras é algo que se poderá facer con só premer un botón… ou, nalgún caso, por non facer nada (¿quen coida da información dixital?).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...