Spock.com: facendo amigos

Estes días está a dar moito que falar o buscador Spock, que vén de abrirse ó público, pois pretende servir para buscar persoas, aínda que partan de presisas imposibles...

Estes días está a dar moito que falar o buscador Spock, que vén de abrirse ó público, pois pretende servir para buscar persoas, aínda que partan de presisas imposibles (coma censar a 6.000 millóns de persoas).

Vese que hai xente espabilada, e ó igual que aproveitan certas prestacións de Google para asociar a SGAE cos ladróns ou ós responsables da catástrofe do Prestige co PP, agora aproveitan este tipo de servizo para deixar quedar mal a algunhas persoas. Sorprendeume que apuraran tanto, pois a apertura do sistema foi esta semana e buscando persoas de Galicia atopei que entre as 4 primeiras posicións están Fraga e Rajoy, que non aparecen coas súas mellores caras:
Rajoy durmindo en Spock.com
Vale que no perfil de Alexandre de Fisterra apareza unha moza (supoño que será por culpa dalgún sistema de recolleita de datos automática), pero como o servizo continúe a usarse para ligar datos erróneos ou críticos de xeito habitual sospeito que van facer moitos amigos 😉

Dende EE.UU. están a criticar moito o servizo, tanto polo seu nome (que é demasiado friki) como pola súa pouca precisión, así como a posible ameaza que supón para a intimidade da xente. En vista do pouco éxito de iniciativas semellantes podemos apostar a que a cousa non chegará moi lonxe, e menos se continúa o funcionamento lento da web, que está a fallar constantemente durante as últimas horas… e como triunfo augúrolles serios problemas en Europa, onde a privacidade si está protexida por lei (en EE.UU. a protección da privacidade é unha práctica auto-regulada).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS