Leticia Sabater: ¿a nova Cicarelli?

¿Lembrades o vídeo de Daniella Cicarelli que arrasou o pasado verán na Rede (xa que os brasileiros non ven Dolce Vita ó outro lado do Atlántico e foron a...

¿Lembrades o vídeo de Daniella Cicarelli que arrasou o pasado verán na Rede (xa que os brasileiros non ven Dolce Vita ó outro lado do Atlántico e foron a YouTube e Google Video a ver á rapaciña transando na praia):

Pois os de ¿Dónde estás corazón? non querían ser menos que os do programa de Telecinco e este ano pillaron facendo o propio a Leticia Sabater:

Eu non me enterei ata hoxe (saíu en Noticiasdot) e coñecendo os atencedentes xa me estou a imaxinar á Sabater pedindo que pechen YouTube para que o vídeo non se poida ver en todo o mundo 😛
Iso si, o vídeo ¡seguro que non é unha montaxe! ¡Que vaaaa! A Leticia Sabater (¿alguén se lembraba dela?) non a imos ver nos vindeiros días por tódolos platós de televisión, non. ¡¿Qué fixemos para merecer iso?!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS