Os do PP saben felicitar as festas

Non pega moito na temática deste blogue, pero admito que gustei moito da felicitación de Nadal do Partido Popular: Só por ver a Mariano sen barba xa paga a...

Non pega moito na temática deste blogue, pero admito que gustei moito da felicitación de Nadal do Partido Popular:

Só por ver a Mariano sen barba xa paga a pena. O que me máis é que este ano os do PP son os primeiros en lanzar unha felicitación na Internet, e polo momento non vin nada semellante nin na web do BNG, nin en Quin.TV, nin en Feijjóo.tv, nin na web do PSdeG… aínda que por Facebook si se ven algunhas mensaxes dese tipo por parte de distintos políticos. Ah, e a Izquierda Unida nin os menciono porque supoño que están desaparecidos en combate (pois na súa canle en YouTube aínda aparece Llamazares).
De todos os xeitos, non creo que os políticos teñan ningunha obriga de desexarnos unhas felices festas pero, ¿e os blogueiros? ¿Debemos felicitar ou pasar de todo? Porque a min este ano non se me pasa pola cabeza nada orixinal… e non penso publicar fotografías miñas de pequeno e sen perilla 😉
¿Debería facer un rap en plan «follo con condón» pero dicindo «como con turrón»? Nah, igual métome en problemas con Nach. Mellor mesturo a cousa e poño a felicitación de Nadal de Forrito:

Ver outras felicitacións ▼

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS