Unha de tiras

Coa chegada do tempo de lecer no verán quero recomendar/lembrar algunhas tiras cómicas diarias que seguro que vos poden facer pasar un bo rato: –DILBERT: Ai, ¿en cantas empresas...

Coa chegada do tempo de lecer no verán quero recomendar/lembrar algunhas tiras cómicas diarias que seguro que vos poden facer pasar un bo rato:

DILBERT:
Dilbert
Ai, ¿en cantas empresas hai persoas que chaman para preguntar se chegou un fax ou un e-mail?

PC and Pixel:
iMac+iPod+iPhone=MeBroke
¿De onde saca un rapaz de instituto os cartos para facerse cun iPhone? ¡A tecnoloxía é unha ruína para moitas economías persoais!

Secret Asian Man:
Restaurantes chineses
O Secret Asian Man estreouse en xullo en Comics.com e a verdade é que resulta moi simpático, e polo momento non decepciona, aínda que ten un humor un tanto rariño, como se pode ver nunha selección de tiras que ten na súa web.

Se non vos chegan estas 3 tiras, tamén podedes dar un voltio polo fotolog de Jesús Martínez del Vas ou polos blogs de Alberto Montt e Mauro Entrialgo.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS