Pinups For Pups

O tema do abandono de blogs e animais coa chegada do verán fíxome reflexionar sobre o tema e levoume á web Pinups For Pups. Dende alí protenden animar á...

O tema do abandono de blogs e animais coa chegada do verán fíxome reflexionar sobre o tema e levoume á web Pinups For Pups.
Portada de Pinups For Pups
Dende alí protenden animar á xente a non abandonar ás súas mascotas, e achegan fondos coa venda de merchadising con imaxes de modelos de calendarios acompañadas de cans e cadelos.

Dende a Asociación as rapazas participaron en campionatos de bolos solidarios e organizaron campañas de promoción da adopción de Pitbulls (supoño que cada vez que sae no Telexornal unha nova dunha agresión por un can hai unha vaga de abandonos das razas caninas consideradas perigosas).

Eu gustei especialmente das fotografías de Amanda MacKay:
Imaxe do calendario de Pinups For PupsAmanda MacKay cos seus cadelosAmanda MacKay cun dos seus cadelos
Non só me molou a rapariga, senón tamén os cadeliños, pois me lembraron ós que teño na casa. Pero volvendo á moza teño que recoñecer que me sorprendeu que fose á presentadora que xa tiña visto en algúns clips sobre o Tokyo Game Show (onde fixo unha reportaxe super-friki nunha tenda de electrónica na que incluso vendían consolas clásicas) chegando a cubrir os típicos encontros de tolambráns que se disfrazan dos seus personaxes favoritos:
Iso si, cando a revista Soak quixo falar do E3 de 2006 tivo doado elixir a imaxe para ilustrar o artigo:
Amanda MacKay na revista Soak
O máis alucinante do asunto é que debe de ser unha das poucas veces nas que unha moza en bikini adorna un artigo sobre temática tecnolóxica e non está fóra de lugar porque, ¿non resulta algo raro que revistas coma T3 ou Stuff sempre poñan a modelos lixeiras de roupa para amosar os chismes electrónicos que analizan?
Non me estou a queixar do machismo das revistas de tecnoloxía, senón que quero destacar que prefiro que empreguen a figuras coma Amanda MacKay, Olivia Munn (actual presentadora de Attack of the Show) ou Morgan Webb (presentadora de X-Play e ¿proximamente de Webb Alert?), pois xa son do gremio 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...