O Paciente de Inglés

Finalmente operaron ó profesor de Inglés favorito dos nenos do Pino durante o curso pasado, que aínda será paciente do CHUS durante os vindeiros días, xa que a colecistectomía...

Unha das enfermeiras do meu irmánFinalmente operaron ó profesor de Inglés favorito dos nenos do Pino durante o curso pasado, que aínda será paciente do CHUS durante os vindeiros días, xa que a colecistectomía laparoscópica foi un pouco dificultosa, pero polo menos xa pasou a espera que estaba rematando coa paciencia de Xurxo, e agora só lle queda recuperarse da intervención para poder pasar un verán tranquilo (e agardemos que mesmo poida vir para casa durante a fin de semana).
Iso si, a enfermeira que está a coidar do meu irmás estes días coido que é un pouco rariña, e sospeito que pode estar emparentada connosco dalgún xeito 😛
Para os morbosos, en YouTube hai vídeos que explican cómo é a operación que lle practicaron a Xurxiño:

ACTUALIZACIÓN: O venres 3 de agosto é a data na que Xurxo Eschofil fuxe da prisión do CHUS. Xa está en Melide, para desgraza de tódolos habitantes da vila 😛

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS