Doug Marlette (gañador dun Premio Pulitzer) fixo unha tira cómica que apareceu onte no The Tallahassee Democrat (xornal publicado en Florida) sobre a repercusión social e mediática que está a ter o iPhone:
Coido que á ilustración lle poderiamos chamar o iPensador, e só agardo que se o iPhone chega a Europa o 1 de novembro non se converta na tolemia de ultramar, onde xa vendeu máis de 700.000 unidades e a xente di marabillas dun terminal caro (e máis que mellorable) no que parece responder a un lavado de cerebro sen precedentes.
Actualmente hai moitas quinielas sobre quen venderá o iPhone nos distintos países de Europa, de xeito que no Reino Unido podería ser O2, en Alemaña T-Mobile (Deutsche Télékom) e en Francia Orange, pero non hai nada seguro, e mesmo The Phone House podería ter moito que dicir no tema, mentres que en España están na balanza tanto Movistar coma Vodafone. Por unha banda Movistar é a operadora de máis peso en España (e controla a británica O2) mentres que Vodafone é a operadora que máis coida os servizos de datos a través do móbil e as conexións 3G (o Vodafone Live! é infinitamente superior a e-moción). Así pois, ¿qué pesará máis? Acéptanse as apostas, aínda que eu admito que preferiría que fose Vodafone a que acadase a exclusiva do iPhone, pois así tamén entraría The Phone House no xogo e igual se vendería o móbil/iPod a un prezo competitivo (Movistar non subvenciona moito os terminais, vaia). ¿Qué dicides vos?
Debe estar conectado para enviar un comentario.