Hai cousas que non entendo na televisión de España, pois ó importar formatos televisivos coma o de X Factor o único que se consigue é xuntar unha chea de freaks como a moza do cinturón en Factor X:
Mentres que na versión británica aparecen estrelas coma Leona que nos deixan coa boca aberta:
Pero os británicos parece que teñen bastante gusto para estas cousas e na edición deste ano de Britain’s Got Talent podemos ver actuacións divertidas e outras impresionantes. Coas divertidas eu quedo con Damon Scott co seu mono Bubbles facendo burla de Michael Jackson:
E de actuacións espectaculares está sen dúbida o vendedor de teléfonos móbiles Paul Potts, que deixou abraiado a todo o mundo coa súa versión do Nessun Dorma de Turandot:
De feito, na súa actuación na semi-final do concurso apenas se lle oe cos aplausos do público:
Naceu unha estrela, e eu teño moitas gañas de ver o programa desta noite, pois trala final se coñecerá cal dos concursantes se fará cun premio de 100.000 libras esterlinas e poderá actuar fronte a Raiña de Inglaterra. Apostaría algo a que vai gañar Potts, pero con estas cousas nunca se sabe.
17 Xuño, 2007