¡Non me roubedes a PS3 ou córtovos a cabeza!

Nos EE.UU. non só hai violencia con armas de fogo, senón que saben copiar do medievo xaponés, e un rapaz evitou coa súa katana que lle roubaran a PS3...

Deanne Fernández agochouse nun armarioNos EE.UU. non só hai violencia con armas de fogo, senón que saben copiar do medievo xaponés, e un rapaz evitou coa súa katana que lle roubaran a PS3 na súa casa… ¡manda truco!
O suceso foi o pasado venres, cando Damián Fernández e a súa irmá Deanne quedaron sos na casa (cos seus nomes sobra dicir que están en Miami, ¿verdade?) mentres os seus pais estaban no traballo e escoitaron ruído na porta principal, tralo que 2 homes lograron penetrar no domicilio. Deanne foi de contado a agocharse no armario mentres Damián foi para o seu cuarto.
Damián Fernández coa súa katanaOs ladróns foron ó dormitorio dos pais dos mozos para coller algunhas xoiais e logo se puxeron á procura da nova consola da familia, a PlayStation 3. De feito, un dos ladróns atopou a caixa baleira da consola, pero nese momento, o flipado de Damián (cinturón marrón de karate) colleu a súa espada samurai e ameazou a un dos ladróns colocándolla no peito, ¡quedando flipadísimo!
Os ladróns liscaron a toda velocidade, con Damián perseguindo a un (un pouco tolo si que debe de estar o rapaz). Finalmente a policía chegou e atopou a un dos ladróns, Javier Cotera, agochado no barrio.
Eu digo que o fillo dos Fernández está como unha chota porque coma un dos cacos estivese armado (algo moi normal nos EE.UU.) ía ver como as balas van máis rápido que os sables, e agora estaría criando bermes, polo que a súa querida PS3 teríalle valido para pouco.
En canle televisiva Local 10 narraron así o acontecido:
¡Moito flipado hai no mundo! Ler esta nova en Crunchgear fíxome graza pero hai que recoñecer que o prezo da última consola de Sony (uns 600 dólares) a converten nun obxectivo para os ladróns moi apatecible, pero tamén ratifica o feito de que as clases de artes marciais poden restar neuronas a moitos mozos que non saben cómo as gastan os delincuentes (que en calquera momento o poden atopar pola rúa sen a katana enriba). Alguén lle debería dicir ó Adrián que non repita ese tipo de tolerías ata que domine a Onda Vital ou algunha das técnicas de Samurai Shodown.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS