Enfría o cu por USB

Non sei se moita xente se queixará habitualmente de ter o cu quente (especialmente en público) pero os xaponeses queren dar remedio á situación con un enfriador de cus...

Non sei se moita xente se queixará habitualmente de ter o cu quente (especialmente en público) pero os xaponeses queren dar remedio á situación con un enfriador de cus que se alimenta a través do porto USB do ordenador:
Enfriacús USB
O inventiño véndese a 4.800 iens (29,48 euros) e, sinceramente, coido que tería máis futuro un invento semellante que se puidese empregar coma respaldo no coche, ¿verdade? É que os asentos de boliñas están démodé.

NOTA: Os de Gizmodo, pola súa banda, pregúntanse qué pasará con ese sistema cando un bota un peido. Sospeito que o efecto non é moi agradable 😛

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...