Agora que está a rematar Heroes, é hora de rir un pouco a conta da nosa serie de televisión favorita (porque é a serie favorita de todo dios, ¿non?) con coñas como a parodia que fan os de MadTV:
Aínda que hai que recoñecer que os poderes do protagonistas de Heroes son unha merdiña. Pensemos, ¿para qué serve iso de voar, se logo che poden dar unha somanta de hostias porque non tes superforza? ¿É agradable ler a mente da xente cando non nos vai gustar o que pensan? Ter poderes nucleares pode ser moi chulo estéticamente, pero só tería utilidade práctica para os malos (para os bos xa sabemos que só produce cancro para a xente que ama). Uff, poderiamos escarallar así tódolos poderes que aparecen na televisión, pero hai un poder que si que pagaría a pena, e é o que amosan nuns anuncios do xel de ducha de AXE:
Para os que non o visen claro, aquí vai outro exemplo:
¡Iso si que é un superpoder! Agás que teñas problemas para sacar proveito do mesmo, claro; porque nese caso sería todo un pesadelo 😛