Remata Torchwood

Durante o verán Cuatro sorprendeunos coa serie de televisión Torchwood, que é un spin-off de Dr. Who (o propio título da serie é un anagrama da de o Doutor),...

Durante o verán Cuatro sorprendeunos coa serie de televisión Torchwood, que é un spin-off de Dr. Who (o propio título da serie é un anagrama da de o Doutor), que por outra banda non hai xeito de que boten en ningún medio importante (nin editen en DVD en España).
Gwen colándose en Torchwood suplantando a unha repartidora de pizza
A serie resulta especialmente entretida para os amantes da ciencia ficción, pois parte dun grupo de investigadores que estudan e ocultan a presenza extraterrestre na Terra. Iso si, resulta bastante incoherente que se vexan coma se fosen un grupo de operacións especiais da Policía (en ningún momento explican cómo acadaron tal status).
O equipo de TorchwoodO grupo de investigadores está formado por Suzie, Owen, Toshiko e Ianto, capitaneados por un misterio Jack Harkness do que só sabemos que non pode morrer. No comezo da historia unha policía, Gwen, descubre o que é Torchwood e eles reclútana. A partires dese momento verá moitas cousas abriantes como unha reencarnación feminina do clásico Cyberman (de Dr. Who), obxectos con poderes máxicos (resucitar ós mortos, ler a mente…), seres doustras dimensións (fadas) e viaxes no tempo, polo que os que queiran ver cómo remata a primeira tempada desta serie deberán deitarse tarde esta noite: Cuatro emitirá 3 episodios seguidos.
Con esa política de programación televisiva non sei cómo non se decatan de que xente non se pode enganchar á ficción seriada (ou ten que botar man do P2P para ver os distintos episodios). A min Torchwood entretenme pero non me entusiasma coma o Doutor Who, pero agardo que sirva coma cabalo de Troia para que algúns se introduzan nese apaixoante mundo da ciencia ficción británica (que cumpre facendo uso de efectos especiais moi sinxelos).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS