Quecemento global

A xente da WWF (e non falo dos tíos da loita libre americana) están a procurar que a xente se conciencie sobre a problemática do quecemento global, como se...

A xente da WWF (e non falo dos tíos da loita libre americana) están a procurar que a xente se conciencie sobre a problemática do quecemento global, como se pode ver na súa última campaña, que evidencia que os de Coca-Cola van ter problemas para facer o seu vindeiro anuncio de Nadal:
Oso polar nas rúas

Tamén os linuxeiros terán que buscar outra mascota de producirse imaxes como a seguinte:
Pingüíns na rúa

Ata os circos acuáticos quedarán sen focas, que terán que malvivir nas rúas:
Foca nun banco

Buscar analoxías do que está a acontecer co tempo é difícil, pero aínda que as comparacións realizadas polos da WWF non sexan moi atinadas, do que non hai dúbida é de que chaman a atención, e con iso xa teñen boa parte do traballo feito.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS