Os de AXE saben utilizar os reclamos sexuais na súa publicidade (como xa se ten visto neste blogue) e agora sorprenden no Brasil cunha campaña na que fan uso de moitos dos éxitos/tópicos da Internet, pois comezan cunha moza espíndose ó ritmo da música nun vídeo de YouTube:
No vídeo convidan ó espectador a chamar ó número telefónico +55 11 30132935 dende o que se simula unha conversa telefónica na que se comenta que en Axe.com.br se poden ver fotografías a atractiva loura do vídeo, e se visitamos tal web nos vemos redirixidos a unha réplica da páxina do millón de dólares (Million Axe Homepage), agás que nesta ocasión nos serve de canle para facernos con varios fondos de escritorio (1, 2, 3, 4 e 5) e mesmo un protector de pantalla.
Estamos ante un caso de publicidade que pretende aproveitarse dos contidos víricos na Rede, e sospeito que neste caso o conto saíulles ben.
21 Abril, 2007
Debe estar conectado para enviar un comentario.