Novo e delirante vídeo musical de Anamanaguchi

Como adianto do disco Endless Fantasy que chegará na primavera, en iTunes xa temos dispoñible para a súa compra o tema Meow de Anamanaguchi, banda de rock de 4...

Como adianto do disco Endless Fantasy que chegará na primavera, en iTunes xa temos dispoñible para a súa compra o tema Meow de Anamanaguchi, banda de rock de 4 compoñentes que empregan para as súas composicións chiptune os sons dixitalizados da clásica consola de videoxogos NES e que conseguiu sona internacional ao

seren os encargados da banda sonora do videoxogo inspirado na película de Scott Pilgrim contra el Mundo.
A nova canción está moi ben, pero o seu video musical é aínda mellor, cunha chea de personaxes tópicos en situacións moi absurdas e divertidas e con imaxes de videoxogos clásicos polo medio, dando lugar a toda unha peza digna de admiración para calquera friki que coñeza a cultura dos videoxogos.
Os meus momentos favoritos son o dos góticos na piscina de bolas, o do Furby voando e a aparición de máquinas recreativas como o xogo de baloncesto ou o hókey de aire. Meow!!!

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...