10 Abril, 2007
Pasada a febre do Red Bull, que enchía de publicidade moitos espazos promocionais, agora chegan competidores coma Burn (Energy Drink) que se vende coma se fose lume para beber:
Pero iso de pór a un ghicho mexando nun anuncio igual molesta a algún que outro, que pode entender que non resulta axeitado (non esquezamos que facer iso na rúa é ilegal… ¡especialmente en Compostela!), como moitos tamén podería atopar segundas lecturas a anuncios tan inocentes coma o seguinte:
Si, si, a campaña é moi intelixente e atractiva, especialmente cando amosan a un rapaz tocando a guitarra ou a outro en monopatín nunha láctea imaxe, pero iso de pór a unha parella… de seguro que provoca o sorriso dalgún malpensado coma min 😉
Debe estar conectado para enviar un comentario.