Primeiro de abril

Botando un ollo a varias novas en blogs e webs norteamericanas atopei varias cousas rariñas que tiñan pinta de ser falsas, e de súpeto lembrei a data que era...

Botando un ollo a varias novas en blogs e webs norteamericanas atopei varias cousas rariñas que tiñan pinta de ser falsas, e de súpeto lembrei a data que era hoxe… ¡1 de abril!
A celebración do primeiro de abril ou April Fools e un Día dos Inocentes que se celebra na cultura anglosaxona, pero hoxe me sorprenden os de Vieiros dicindo que a festa xa se celebraba en Galicia hai anos. Eu nunca escoitara iso de que “o un de abril van os burros onde non deben de ir” e sorpréndeme que unha tradición deste tipo se perdese, pois por esta terra sempre gustou a troula.
Ora ben, aproveito a ocasión para lembrar que as bromas destas datas se converten moitas veces en bulos, ó ser tomadas en serio nos vindeiros días, polo que hai que andar con tino. Recoméndovos así consultar a listaxe dos 100 meirandes bulos do Primeiro de Abril.

¡Ollo con Google!

Os mozos de Google anunciaran un 1 de abril que lanzarían un servizo de correo electrónico con 1 Gb de capacidade, e a xente o toumo a broma, pero iso non fai que as bromas deste ano sexan certas. Para comezar, anuncian Google TiSP, que sería un servizo de acceso á Rede a través do sistema sanitario doméstico (ou sexa, achegarían a banda larga a través de cables de fibra óptica nos sumidoiros que chegarían por arte de maxia ós nosos portátiles), e o Gmail Paper, que nos permitiría recibir en papel os correos electrónicos que quixesemos… ¡sen fiestras emerxentes nin molestas animacións!
Xa sabes, elixes as mensaxes que queiras:
Elixe os correos que queiras imprimir

Os mozos de Google imprimen as mensaxes e as empaquetan:
Imprimen os correos

Finalmente lévanchas á túa casa:
Entregan as mensaxes en papel

E despois de todo isto parten o cu coa risa cando se decatan que alguén creu posible un servizo tan ridículo 😛

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Os YouTurris

    Niko, o creador de Cálico Electrónico, anunciou hoxe a súa última movida, Los YouTurris, un esmendrelle político que por desgraza chega algo tarde, xa que estamos nos últimos días...
  • Un trailer chinés para incrementar o hype

    Por se non houbese expectación dabondo ao redor de El Poder de la Fuerza, chega un tráiler chinés con nova metraxe para por o hype polas nubes (ao carón da...
  • Melide celebra Manxares a vindeira fin de semana

    Esta semana escoitei na Radio Galega unha cuña na que citaban a Melide. Maaaandeeee?!?! Manxares?! Que é iso? Póñome a investigar… miro na web do Concello, e non din...
  • Darth Vader en Palomares!

    Levo tempo dicindo que confío en que este ano, cando chegue o 20D, algún friki dos que vaia disfrazado a ver El Despertar de la Fuerza ao cine pase antes polo...