Bailando

¿Cal é a meirande representación do baile que podemos ver? Non, non se trata do vídeo da evolución do baile, senón que sería a publicación de cifras de asistentes...

¿Cal é a meirande representación do baile que podemos ver? Non, non se trata do vídeo da evolución do baile, senón que sería a publicación de cifras de asistentes a unha manifa.
¿Por qué se molestan en difundir datos totalmente inverosímiles? Porque este sábado en Madrid se concentraron milleiros de cidadáns e non entendo cómo a Comunidade de Madrid pode soster que asistiron 2.125.000 persoas mentres que a Delegación do Goberno fala de 342.655 manifestantes e o propio xornal El Mundo estima a cantidade de asistentes en 260.000, análise que se pode consultar no Manifestómetro baseándonos no seguinte mapa:
Manifestómetro do 10-M
Neste tipo de estudios mírase a dispersión dos manifestantes e calculan os metros cadrados ocupados (80.000) e despois calculan a presenza de entre 3 e 4 persoas por m2. Así pois, aínda que a manifestación contase con moitos asistentes, intentar esaxerar os datos non parece dar moita credibilidade. ¿Ata cando será preciso publicar este tipo de informacións para que a xente non minta ó dar os datos de asistencia? E non falo só de manifas, pois coas feiras, congresos ou exposicións o número de asistentes xa se escribe nas notas de prensa antes das celebracións dos eventos, procurando sempre superar o resultado do ano anterior… 🙁

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS