O éxito da gravación do me cagho nas estrellas é algo sen precedentes neste blogue, que agora podería verse superado por un par de gravacións supostamente realizadas en Negreira.
Trátase duns señores que falan das bondades dunhas inxeccións intracavernosas (por non dicir que son para o carallo), e a súa conversa non ten desperdicio:
Incluso comentan a posibilidade de padecer priapismo tralo tratamento:
Eu non sei con que comentario quedar de todo o que soltan, pero se hai algo do que gusto da gravación é do feito de que se trata dalgo moi real. Ou sexa, que se algunha xente pensa que as mulleres falan moito nas perruquerías… ¡é que non foron ás barberías! As conversas como a que aquí reproduzo son algo habitual, aínda que se limiten habitualmente ó que irónicamente se dá en chamar sexo oral.
Debe estar conectado para enviar un comentario.