¡Santos GPS!

A publicidade é un sector que non deixa de sorprenderme polo seu humor e orixinalidade, aínda que hai sutuacións nas que se sitúan no gume do que podería ser...

A publicidade é un sector que non deixa de sorprenderme polo seu humor e orixinalidade, aínda que hai sutuacións nas que se sitúan no gume do que podería ser aceptable socialmente, como a última campaña de GPSOZ In-Car Navigation, que emprega figuras divinas no salpicadeiro dun coche para “guiarse dende as alturas“, o que me pareceu unha idea moi orixinal. Xa sabedes, na estrada, ou te guías por designios divinos, ou confías nun GPS:
Cristo coma guía no coche

Aparte de a Cristo, nos anuncios de GPSOZ tamén sae o deus favorito de Homer Simpson, Ganesha (coido que o usaba coma disfraz nun episodio e noutra ocasión lle ofrecía cacahuetes para facer burla de Apu):
Ganesha diche por onde ir

Ah, e os budistas coma Lisa Simpson ou Richard Gere tampouco se libran:
Buda no salpicadeiro do coche

o Cristo Colega de DogmaEu paso bastante dos sistemas de localización por satélite (sempre me movo polos mesmos sitios) e das imaxes relixiosas, aínda que iso non quita que calquera día merque un Cristo Colega (figura presentada na película Dogma de Kevin Smith na que pretendían modernizar a imaxe da Igrexa coa mesma). Se finalmente merco unha desas figuras, coido que xa teño pensado o lugar no que a colocarei 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS