Nos estantes de ofertas en DVD de Carrefour descubrín o outro día a colección de Packs Triple Acción, que venden a 10 euros (non vin todo, pero había bastante onde elixir):
– Asalto al Tren del Dinero + El Detonador + 7 Segundos
– Double Team + En Territorio Enemigo + Street Fighter
– La Ventana Secreta + Leyenda Urbana + Boogeyman
– Lágrimas del Sol + Persecución Mortal + El Gran Halcón
– Swat + El Color del Crimen + Negocios Sucios
– Starship Troopers: el Héroe de la Federación + Gattaca + Krull
– Vampiros + Christine + Fantasmas de Marte
– Al Filo de la Muerte + El Extranjero + Yakuza: El Imperio del Sol Naciente
– Al Límite del Riesgo + Sin Escape (Ganar o Morir) + Soldado Universal
– Asesinos de Reemplazo + Asesinato en 8mm + Sospechoso Cero
– Doble Visión + 13 Fantasmas + Terror en la Niebla
– El Mariachi + Desperado + El Mexicano (Once Upon a Time in Mexico)
– El Poder del Talismán + Máximo Rival + La Serpiente a la Sombra del Águila
– El Único + La leyenda del Dragón Rojo + Doble Mortal
Tendo en conta que moitos dos títulos soltos aínda están a preto de 15 euros, os packs son unha auténtica ganga. O seu prezo oficial é de 11,95 euros, pero se están a 10 euros no Carrefour supoño que ese prezo tamén se manterá en moitos outros establecementos.
Con promocións así moita xente poderá aproveitar para mercar películas das que gustou no seu día, pois son unha boa alternativa aos alugueres en videoclubs. Ademais, están bastante ven agrupadas por xéneros ou por directores/actores.
Tamén están comezando a acadar prezos populares as series de televisión. Por exemplo, en maio as series da Fox de Buffy, Ally McBeal e Angel van pasar de custar 41,99 euros/temporada a 24,95 euros, o que non está nada mal para packs de 6 discos cuns 4 episodios por disco, ou sexa, que veñen a saír a pouco máis de 1 euro cada episodio. Para máis inri, o que baixa é o prezo oficial, ou sexa, que aínda se lle poden aplicar os descontos habituais en verán e a primeiros de ano.
Finalmente a baixada nas vendas dos DVD está a provocar unha baixada de prezos moi interesante para os consumidores, que poderemos mellorar as nosas coleccións por menos cartos, e mesmo en formatos máis axeitados (agora as caixas xa non son tan aparatosas).