A nova Galega

Hai unhas semanas desatouse a polémica por mor do rexistro dun logo coa palabra Blog por parte de Sogecable, e o pasado 8 de novembro realizouse outro rexistro do...

Hai unhas semanas desatouse a polémica por mor do rexistro dun logo coa palabra Blog por parte de Sogecable, e o pasado 8 de novembro realizouse outro rexistro do que aínda non me enterara, posto que a Galega podería ter xa a imaxe da súa segunda canle (que chegaría só en dixital.
Así, por unha banda terían un logo que poderían empregar coma logo e que instaría ós televidentes a sintonizar a nova canle no número 7 dos seus televisores e receptores de TDT, G7 (expedente M 2739222):
G7

E para achegar un nome máis familiar, tamén contan co logo de A Sétima (expedente M 2739299), que sería o contrapunto para A Galega:
A Sétima

Sen dúbida a idea parece boa, pero parece algo complexo iso de ter dúas autonómicas que non sen confundan ó comezo. ¿Sería máis atinado que A Galega se convertese á Sétima e que a nova canle tivese unha imaxe diferenciada como acontenceu en Madrid con La Otra?.

Tamén podemos abrir o debate sobre os números de canle, pois eu no meu caso teño así distribuidas as distintas cadeas na casa:

  1. La Primera
  2. La 2
  3. Antena 3
  4. Cuatro
  5. Telecinco
  6. La Sexta
  7. TVG
  8. Localia
  9. Telecoruña (en vías de desaparición)
  10. Canle promocional de R (actualmente Fox)
  11. CNN+
  12. Canal 24 Horas
  13. e logo o resto de canles de dixital

¿Conseguirán as canles impor o número no que a xente as vai sintonizar? ¿Canta xente buscou a TVG no 7 en vez de deixala no 3 ou no 4 como estaban antes (si, coñezo a moita xente que aínda ten a Galega en tales memorias do televisor)? ¿Notarase substancialmente nas audiencias a sintonización en canles de máis dun díxito? Moitas incógnitas, ¿non? 😛

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS