As novas consolas: ¿o tamaño importa?

As novas consolas de videoxogos terán características e xogos moi diferenciados, pero o que chamará máis a atención será a súa aparencia tan dispar: A verdade é que os...

As novas consolas de videoxogos terán características e xogos moi diferenciados, pero o que chamará máis a atención será a súa aparencia tan dispar:
PS3, Xbox 360 e Nintendo Wii postas en vertical
A verdade é que os tamaños xa son moi ilustrativos, aínda que é unha mágoa que non decidan estandarizar unhas dimensións para os dispositivos destinados ó salón da casa, porque dese xeito é imposible contar cun moble que se adapte tanto a un DVD, como a un receptor de TDT ou a unha consola de videoxogos. Ó final é inevitable ter as cousas tiradas polo chan de xeito caótico, o que pode non preocupar a moitos mozos, pero que tampouc contribúe ó cómodo uso das consolas (sería mellor poder colocalas nunha posición discreta que non forzase ós rapaces a ter que conectala cada vez que a queren usar).
A disferenza de tamaño entre a Wii e o resto de consolas responde claramente a unhas prestacións técnicas moi inferiores, que se compensan con seu prezo máis económico e cuns xogos que poderían pór en perigo claramente ó resto de consolas. A Wii parece chamada a ser un rotundo éxito, e poderemos saír de dúbidas este Nadal.
A PS3 e a Xbox 360 están máis orientadas a usos avanzados, contando co atractivo da alta definición, aínda que os usuarios que non conten cun flamante televisor panorámico último modelo ese tipo de cousas traeralles sen coidado, xa que non poderán sacar partido da suposta mellor calidade gráfica. Quizais o máis interesante do tema é que, aparte dos xogos, incluso os contidos audiovisuais descargados da Internet poderían trasladarse de xeito doado ó salón grazas as consolas, o que sería un importante avance (en vista do retraso da alta definición en España).

Agora ben, ¿á hora de mercar unha consola? ¿Importa o tamaño? Porque parece que a Xbox 360 e a PS3 son uns auténticos armatostes, mentres que a Wii ten un tamaño reducido que a fai máis curriña e, en definitiva, máis atractiva se mercamos cos ollos. Porque se ben a incorporación do Blu-ray e o HD DVD son as apostas de Sony e Microsoft, ó DVD aínda lle queda moita vida por diante, polo que a Wii podería sacar proveito da situación, e gañar a partida sobradamente, mentres o resto de consolas tardan un par de aniños en facerse un lugar nos fogares (recoñezamos que a Xbox 360 leva moitos meses no mercado e non supoño unha revolución). ¿Haberá que agardar á seguinte xeración de consolas para ver un auténtico cambio no panorama do lecer electrónico?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...