¿Debate invertido?

Non sei o motivo, pero o cambio que fixeron a pasada noite en Hai Debate pareceume bastante desconcertante, pois comezaron co enfrontamento 1 contra 1 sobre a eutanasia, cando...

Non sei o motivo, pero o cambio que fixeron a pasada noite en Hai Debate pareceume bastante desconcertante, pois comezaron co enfrontamento 1 contra 1 sobre a eutanasia, cando normalmente ese apartado ía ó final do programa. ¿A qué vén a conto cambiar o formato para introducir ó principio, e de xeito forzado, un tema que rachaba co resto de contidos e que podería provocar unha fuxida da audiencia?

Logo, continuaron coa entrevista de costume, pero nesta ocasión non a protagonizou un político (¡era hora!) pero tampouco foi a cousa máis entretida do mundo. Non podo dicir o mesmo do debate sobre o urbanismo, que aínda que non incorporou argumentos novidosos, estivo axitado, e iso agradécese no horario do programa, para non quedar sopa. Iso si, Lage soubo defenderse (non esquezamos que un dos eixos do debate foi o decálogo do PSOE contra a corrupción urbanística e a oferta de pacto do Partido Socialista ó Popular na devandita materia):
Antes do silencio (que nesta ocasión ¡se emite na Noite de Defuntos!) O que máis me sorprendeu durante o programa foi o anuncio de que o martes, despois de Volver ao regovolverá á TVG o programa de José Luis Barreiro Rivas, Volver ao rego, pero que comeza dun xeito un tanto frouxo (entrevistando a Valery Karpin) polo que non creo que o vexa, porque nin o horario (que xa parece que a Barreiro lle queren facer o mesmo que a Blanco) nin a temática desta semana me parecen do máis axeitado.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS