28 Outubro, 2006
Modesto publicou no seu blog un corte do ChuzaNews 15 que lle vai molar mazo á peñita de La Coru:
A min iso do koruño (ampliable na Inciclopedia) lémbrame ó orixinal Diccionario Ki que fixeran Kami, Litri e Peibol (KLP) que rulaban polo ano 1995 na FIC de man en man e que chegaran a subir subir á Internet ós servidores de Geocities (só se conserva unha copia da primeira letra na Wayback Machine de Archive.org) e que acabou circulando de xeito masivo por correo electrónico perdendo así tódolos rastros da súa autoría, converténdose nun texto anónimo cando chegou a La Voz de Galicia en 2004 (non chovera nin nada) e que resultaba doado de identificar porque incluso as frases de exemplo que incluía o diccionario eran as mesmas que construíran no seu día os mozos da KLP. ¡Unha aperta ós 3!