Bully sae do armario

Canis Canem Edit é o título que terá en España o xogo que se viña coñecendo coma Bully e que, pese a que criticaban coma unha especie de versión...

Canis Canem Edit é o título que terá en España o xogo que se viña coñecendo coma Bully e que, pese a que criticaban coma unha especie de versión para rapaces do GTA, non deixa de ser un simulador de instituto, no que o protagonista ten que facerse respetar, para o que pode facer moitas bromas e auténticas fazañas. Incluso se pode ligar coas rapazas do pavillón cercano (xa que se trata dun colexio privado con mozos e mozas separados) pero na Internet comezou a circular un vídeo no que o protagonista non bica precisamente mulleres:
Parece ser que entre os mozos do xogo, algún resulta ser gai, e hai quen se dedica a localizalos. Xa cacharon a un, pero é toda unha sorpresa que metan este tipo de cousas nun xogo que se daba a coñecer máis polos palizas dos abusóns e os actos vandálicos que se podían efectuar durante as partidas. Sempre podemos discutir se os pais prefiren censurar a violencia ou as mariconadas 😛

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS