Quickie modernízase

Facendo a compra no Carrefour decateime dun detalle simpático nunha estantería, e é do detalle de que a mascota do Nesquik, o coello Quickie, estaba un pouco desfasado, xa...

Facendo a compra no Carrefour decateime dun detalle simpático nunha estantería, e é do detalle de que a mascota do Nesquik, o coello Quickie, estaba un pouco desfasado, xa que aparecía nas tabletas de chocolate cun radiocassette tipo loro que tanto se levaba nos anos 80:
Quickie co loro
Pero logo me fixei en que non tódalas tabletas eran iguais, e que xa había versións máis modernas do debuxo (nótase o cambio de estilo gráfico), co Quickie paseado co seu reprodutor de MP3 (¿ou se trata dun disc-man de deseño?):
Quickie co MP3
¡Qué moderno! ¡Nesquik coas novas tecnoloxías! Agora só queda que me expliquen por qué lle puxeron un nome tan pornográfico á súa mascota, pois iso do rapidiño coido que é o nome máis erótico do sector alimenticio salvando excepcións non oficiais coma o famoso produto de bolleiría coñecido comunmente coma polla de negro (do que xuro non lembrar o nome oficial neste momento, pero supoño que todo o mundo sabe do que falo).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS