19 Outubro, 2006
Confirmado. Aznar non só se parece a Charles Chaplin fisicamente, senón que tamén é capaz de facer humor sen falar:
Non sei se a Marta Nebot lle faría realmente moi graza a coña, pero cando menos agora ten unha anécdota inesquecible. Xa estou agardando a que Fraga faga algo semellante (porque o de “se non foras muller” non resultaba precisamente cómico, aínda que o compensaba de sobra Pérez Varela coa súa Carmiña Burana e a súa pronunciación inglesa).