Non máis PowerPoints por correo electrónico

Meu irmán mandoume uns ficheiros en formato PowerPoint por correo electrónico, que poden resultar graciosos, pero que cando te chegan de varias persoas acaba converténdose nun pesadelo, como antes...

Meu irmán mandoume uns ficheiros en formato PowerPoint por correo electrónico, que poden resultar graciosos, pero que cando te chegan de varias persoas acaba converténdose nun pesadelo, como antes tamén pasaba cos típicos vídeos de coña que pululaban pola Internet. Por sorte, chegou YouTube, e agora a xente poucas veces manda vídeos (cando chega cunha ligazón a YouTube) e por iso quero animar á xente a probar SlideShare, que é un servizo calcadiño a YouTube, para presentacións de PowerPoint (ou de OpenOffice).
Como mostra do servizo, aquí están 3 das presentacións que me remitiu Xurxo. Comezo por unha proposta de agasallo:

Continúo cunha fotografía dun guacamaio:

E remato cunha galería fotográfica que convence a calquera de non conducir en Bolivia:

¿Non é isto mellor que mandar ficheiros enormes por e-mail e ter que explicarlle á xente que para velos precisa ter o Microsoft Office instalado?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS