Volve Hai Debate

Esta noite, a iso das 23:26 horas volve á TVG o programa Hai Debate: Diferentes convidados –analistas, comentaristas e implicados- debaterán cada semana sobre temas de candente actualidade, dende...

Esta noite, a iso das 23:26 horas volve á TVG o programa Hai Debate:

Ana Rodríguez presenta Hai Debate
Diferentes convidados –analistas, comentaristas e implicados- debaterán cada semana sobre temas de candente actualidade, dende unha perspectiva plural e sen máis restricións que a boa camaradería e o respecto duns a outros. “Luz e liberdade de expresión son as únicas premisas para abordar a axenda política, económica e social que interesa aos galegos e galegas”, di o seu director Xaquín Pedrido.
O espazo abordará cada semana un tema principal de actualidade e de interese xeral (estatuto, inmigración, botellón, listas de espera, etc.), acompañado de vídeos que aporten matices á discusión. Cara ao final do programa, o debate centrarase na análise dun caso persoal de actualidade. Hai debate está presentado por Ana Rodríguez.

O programa desta noite terá os seguintes contidos:

O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, será entrevistado en “HAI DEBATE!” para explicar as liñas mestras da nova política forestal, o único asunto no que os tres partidos acadaron o consenso. “HAI DEBATE!” debullará tamén as claves dos principais asuntos que suscitaron desencontros entre a oposición e os partidos que sustentan o goberno.
Para debater sobre o Estado da Autonomía, no Estudo 5 da Televisión de Galicia estarán presentes os deputados autonómicos Xaquín Fernández Leiceaga (PSdG-PSOE), Carlos Aymeirich (BNG), e un terceiro convidado, en representación do Partido Popular, pero sen confirmar neste momento.
Completan a terna de convidados os xornalistas Ernesto Sánchez Pombo (director de Opinión de La Voz de Galicia), Xan Carballa (xornalista de A Nosa Terra) e Luís Pérez (xefe de Investigación de El Correo Gallego).
Política forestal, Estatuto de Autonomía, Ordenación do territorio, infraestruturas e o galego serán os principais eixes que centrarán a primeira entrega desta segunda temporada de “HAI DEBATE!”. O espazo volve á Galega coa vontade de seguir abordando os asuntos da actualidade semanal que lle interesan e preocupan á sociedade galega.

O programa parece que quere volver forte, aínda que parece que quere tratar demasiados temas neste programa de volta. Ademais estrea presentadora, á que só lle podemos desexar sorte, pois terá diante temas moi complexos e uns convidados con posicións encontradas que agardemos que dean moito xogo.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...
  • O Banjo Fantástico

    Chámase Ollie, ten un banjo, e tras facer unha chea de versións de música de videoxogos como Out Run, Street Fighter II ou Tetris, inicia unha nova serie de...
  • Farruco nos primeiros tempos da Galega

    Aínda que moitos lembren a Xosé Lois Bernal López Farruco na Televisión de Galicia por aparicións na serie Terra de Miranda ou por presentar o programa Vivir Aquí con...
  • Fisterra sucumbe ao carbono modificado

    A pasada fin de semana rematei de ver a serie Altered Carbon en Netflix, historia baseada no libro Carbono Modificado no que preséntase un futuro no que é posible...