Los debates se van de vacaciones

En Galicia-Hoxe publican una noticia que me parece preocupante: Caen da grella os dous buques insignia da TVG do cambio Os dous buques insignia da nova temporada da TVG...

En Galicia-Hoxe publican una noticia que me parece preocupante:

Caen da grella os dous buques insignia da TVG do cambio
Sonia Vizoso en Hai debateOs dous buques insignia da nova temporada da TVG caen esta semana da grella. Hai debate, e Volver ó rego, os dous baixo a batuta de Xaquín Pedrido, non chegaron á súa última emisión prevista para final de mes, cando faltaban soamente tres programas respectivamente.
Dende a TVG aseguran que o único motivo para o axuste é a temporada de verán que se vai ir instalando na grella de forma progresiva. Ademais, e segundo a galega, non hai nada en contra para que estes espazos regresen a vindeira temporada.
Hai debate, foi dende a súa estrea en febreiro un espazo controvertido que rexistrou unha excelente audiencia no seu primeiro día (uns 311.000 espectadores seguiron a emisión nalgún intre) e que non obstante non seguiu mantendo o favor do público caendo a niveis do 4% de share (uns 20.000 espectadores).
Xosé Luís Barreiro en Volver ó regoPresentado por Sonia Vizoso, diferentes convidados debatían todos os luns temas de candente actualidade tendo como únicas premisas a luz e a liberdade de expresión, segundo reza na publicidade do programa e que coincide coa declaración de intencións da nova TVG: “Loitar por unha televisión pública de calidade, plural e libre“. Hai debate será substituído por un espazo de humor presentado por Carlos Blanco Somos unha potencia.
Pola súa banda, o Volver ó rego, o programa de conversas de Xosé Luís Barreiro, que mañá se emite por última vez, estivo marcado pola polémica. Neste caso, o PP acusouno de “manipulación dos horarios” de emisión e pediu que se volva emitir a entrevista co líder da oposición Alberto Núñez Feijóo que foi relegada a preto da unha da noite, cando as charlas con Touriño e Quintana se difundiron en horario de prime time.
Esta mesma semán o presentador, Xosé Luís Barreiro aseguraba, nunha entrevista a este xornal, que non ten nada que ver cos horarios de emisión e quixo deixar ben claro que el non ten ningunha responsabilidade neste caso. Volver ó rego será substituído por cine.

¿Qué es lo que está pasando? ¿Quitan los debates para poner programas como el Pequeno Gran Show? Es normal que cambien la programación de cara al verano, pero me parece que en esta ocasión el cambio es muy temprano y brusco. Esperemos que al menos productos como Somos unha potencia (con Carlos Blanco) mejoren el panorama, aunque lo veo difícil, pues la televisón en verano cada día huele más a ensaladilla en mal estado.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS