Libro de familia arrasa

Xa se saben as audiencias do retorno de onte da serie Libro de familia tal e como comentan en Vertele: En la noche dominical de Autonómicas, TVG estrenó ayer...

Xa se saben as audiencias do retorno de onte da serie Libro de familia tal e como comentan en Vertele:

Libro de FamiliaEn la noche dominical de Autonómicas, TVG estrenó ayer con éxito la nueva temporada de la serie nostálgica “Libro de familia” (24.3% de share), líder en su territorio por delante de “Camera café” (21.9% en Galicia) y “Aída” (20.9%) en Telecinco. Además, la ficción producida por Grupo Correo mejoró en hasta 13 puntos de share el prime time de TVG respecto a lo que cosechaba el show veraniego “Mundo verbena”.

Supoño que este éxito se repetirá mañá con A vida por diante, porque hoxe non creo que sexa Pepe O Inglés o que rache con todo (e menos Somos unha potenzia, que se emitirá á 1:36 horas).
Para o martes tamén resulta abraiante que boten a peli de Van Wilder, Animal Party á 1:41 horas. ¿Quen vai ver unha película para mozos a esas horas? Paréceme un xeito ridículo te tirar cun produto do que teñen os dereitos de emisión.
De tódolos xeitos, parece que o peor da semana vai chegar o mércores, pois botará Pratos Combinados dende as 21:30 horas ata a 1:30… ¡¿tolearon?!
Ah, e o xoves, de 21:30 horas a 00:30 tamén teñen programado O Show dos Tonechos no que supoño que é material repetido para facerlle sitio na grella ó novo programa dos Tonechos.
Tódolos horarios comentados son segundo a web da CRTVG, da que non sei se fiarme, porque segundo a mesma esta semana non habería Luar, senón que só se poría unha redifusión do programa ás 5 da madrugada entre o sábado e o domingo. ¿Alguén pode explicar isto? ¿Colle Gayoso un par de semanas libres ou está errada a grella da TVG? Un misterio digno de Íker Jiménez.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS