Beiras e o seu zapato na TVG

Na web da TVG anuncian que ás 0:35 (ja, ja, ja) deste luns comeza Somos unha potenzia coa seguinte sinopse: A primeira parte do programa, que conduce Carlos Blanco,...

Na web da TVG anuncian que ás 0:35 (ja, ja, ja) deste luns comeza Somos unha potenzia coa seguinte sinopse:

Beiras na portada de La Voz de GaliciaA primeira parte do programa, que conduce Carlos Blanco, consistirá nun pequeno homenaxe a Xosé Manuel Beiras, no que o coñecido político falará da súa traxectoria profesional lembrando distintas anécdotas da súa vida, como cando golpeou no estrado co seu zapato no Parlamento. Todos, publico incluído, recrearán esa situación.
“Somos unha Potenzia” demostrará tamén que os políticos poden ter club de fans, e no caso de Beiras, contarase no programa coa presenza dunha gran admiradora que o sorprenderá regalándolle un cadro e dedicándolle un poema.
Na segunda parte Carlos Blanco entrevistará aos arquitectos Xosé Manuel Casabella, Manuel Gallego Jorreto e Pablo Gallego.

Sobra dicir que a hora de inicio real do programa é ás 0:49 (é que a palabra homenaxe é feminina), pero aproveito o anuncio da intervención de Beiras para pór aquí a imaxe da portada de La Voz que publicaran no ano 1993 e no que o líder do BNG imitaba a actitude de Nikita Krushchev na ONU alá polo ano 1960. Que se vexa que a portada que está asinada 😛

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS