¿Coñeces a revista da canle de televisión SciFi? Si, esa revista en PDF que adoptaron os da canle SciFi coma súa e que naceu enVilagarcía de Arousa. Pois este mes dedica a súa portada ó noso boneco diabólico favorito:
Si, Chucky ocupa un lugar destacado no novo número da revista de Scifi.es que en 11,9 Mb mete nada menos que 150 páxinas nas que informan das últimas novas sobre o mundo da ciencia ficción, das novidades na carteleira cinematográfica, as estreas en DVD, libros, comics… pero non esquecen clásicos como as películas do Boneco Diablócico, a serie de televisión de American Gothic ou o mítico lobisome de Paul Naschy. O 40 aniversario de Star Trek tamén ten o seu espazo e, como non, a programación de SciFi para o presente mes. Aínda que non sintonices esta canle que naceu de Calle 13 seguro que o pasas ben botando un ollo á revista.
5 Setembro, 2006