A revista ScifiWorld emancípase

ScifiWorld Magazine era unha revista en formato PDF que informaba puntualmente sobre as novidades da ciencia ficción e a fantasía tanto no cine como na televisión, que no verán...

Primeiro número da edición en papel da revista ScifiWorld
ScifiWorld Magazine era unha revista en formato PDF que informaba puntualmente sobre as novidades da ciencia ficción e a fantasía tanto no cine como na televisión, que no verán de 2006 se converteu na revista oficial da canle de televisión Scifi (conservando o seu formato en PDF) que no seu último número anunciou que tras 21 entregas desta nova andaina cesaba de publicarse, para volver ás súas orixes.
Pero agora, os responsables da revista apuntan alto, e non se conforman con edición dixital, e queren arrasar en papel, polo que esta semana presentaron o seu primeiro número impreso cunha maratón de cine de terror en Madrid.
Agardemos que esta publicación poida manterse no tempo, e non siga o mesmo camiño que moitas outras revistas (lembremos a Ediciones Zinco), o que resultará bastante complicado nun momento no que ese tipo de información xa a podemos ter de balde (e de xeito diario) na Rede. Eu, polo momento, xa teño o primeiro número desta revista galega (maquetada en Vilagarcía de Arousa e editada en Compostela, que ben vale os 3,2 € que custa) á que lle desexo moita sorte.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS