Somos unha potenzia friki

Como diría Sara Montiel co gallo do MTV Day: Marvelous! O programa de Somos unha potenzia desta semana foi sen dúbida o mellor que fixeron nunca. De feito, foi...

Como diría Sara Montiel co gallo do MTV Day: Marvelous!
O programa de Somos unha potenzia desta semana foi sen dúbida o mellor que fixeron nunca. De feito, foi tan bo para min que coido que marcou un punto de inflexión, de xeito que a partires de agora irá en decadencia, pois dubido que foidan facer unha cousa tan friki máis adiante. Tivemos banda deseñada, debuxos animados, personaxes bizarros, a Xabarín, a Shin Chan… ¡Se só lles faltou dedicarme a min o programa!

A verdade é que ó dedicar o programa á banda deseñada xa case é como se o programa estivese feito á miña medida, polo que o pasei coma un anano de principio a fin. O conto comezou moi ben, cunha boa entrevista a Miguelanxo Prado, autor a quen todos queremos moito na Coruña pola súa labor coma director de Viñetas desde o Atlántico pero a quen tamén aprezamos como artista, tanto polos seus traballos para televisión (Xabarín e Men In Black) como no mundo da novena arte (Quotidianías Delirantes, Trazo de tiza, Tangencias…).
Como a entrevista foi longa, tiven que partila en 3 bloques (xa que YouTube pon límite de duración ós vídeos pendurados no seu sistema):

Nesta ocasión as clases pasivas que se manifestan dende o sofá estiveron especialmente frikis, lendo comics e autodefiníndose coma superheroes:

O segundo bloque do programa foi o máis agardado por moitos, xa que se puido ver a unha figura estatal de primeira orde: ¡Cachita Brava! O magnífico Cañita fixo de todo na súa breve intervención, e compartiu co público varias das súas creacións:

Iso si, o Cañita foi un pouco mentireiro cando falou de Torrente 4 xa que foi el mesmo o que lle suxeriu a Segura que tivese unha escea na que fora a correr (e non ó revés) porque segundo o propio artista de Las Jubias a xente gustaba moito de velo correr cando saía en El Semáforo.
O raro é que non sacaron o tema do euro, porque se algo é actualmente Cañita Brava é un referente do cambio de moeda, xa que en Torrente 3 pedíalle a Segura que saldase a súa débeda de 6.000 pesetas de whisky e concretaban logo que eran 36 euros… ¡un momento histórico!

As Rumorosas, pola súa banda, comentaron de qué ía iso do Proxecto Mourente, aínda que é algo que se quedou un pouco atrás dende que xa hai toda a mobida de A Polo Ghit (no que tamén participan os do proxecto coa alucinante canción Como os caranguexos).
Saíndose bastante da temática da Rede amosaron unha sucesión de portadas da revista Barsowia do colectivo Polaqia, pero volveron ó rego coa clásica primeira película porno da historia:

O resto dos convidados tamén foron moi simpáticos, e incluso nos sorprenderon cun par de actuacións musicais bastante orixinais, pero o que moitos lembrarán mellor de toda a noite será un grande momento Shin Chan:

E se o pequeno Shinnosuke Nohara tivo os seus segundiños grazas á muller que fai a súa dobraxe, o actor que pon voz ó Xabarín tampouco quedou curto:

E por non faltar á tradición, Carlos Blanco rematou o programa cun excelente monólogo dedicado á banda deseñada, no que debuxa como poderían ser uns potenciais superheroes galegos, describindo dende o seu xeito de vestir ata ó seus berros de guerra:

Igual habería que lembrarlle a Blanco que “arriba e alá vou” (up, up and away!) non é unha frase do Capitán Planeta senón do mesmísimo Superman e que foi a que tomou como referencia Buzz Lightyear para o seu “hasta el infinito y más allá“, e tamén que os malos non son superheroes (senón superviláns), pero dá igual por hoxe. Eu marcho berrando “por Breogán, a todo flispín“.

NOTA: No momento de publicar este texto varios dos vídeos que subín durante todo o día a YouTube aínda estaban a ser procesados polo sistema (hoxe YouTube ía especialmente mal), polo que poden tardar en aparecer.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS